martes, 17 de mayo de 2011

CAMPAÑA


Os políticos fan de todo na campaña (e na precampaña e na postcampaña) por saliren na foto. É o seu hábitat natural, diante dun obxectivo que capte a importancia do que fan en cada momento para que a súa vida política quede ben reflexada nos vindeiros libros de historia (teño tentacións de escribila sen h).

O problema ven cando, enredando en Internet, atópaste cunha imaxe como a que ilustra estas liñas. Unha presidenta dunha comunidade autónoma facendo o que se espera dela, darlle ós pedais. Porque cando a xente vota nunhas eleccións por alguén, case nunca se interesa polo programa, só pensa en que o candidato sea quen de montar en bicicleta. Éche así, o que se di facer política. Que non se me enfade ninguén, podería ter posto unha fotografía de calquera candidato de calquera partido político. Isto vai en contra da política en xeral, non pretendo suliñar particularidades ideolóxicas.

Que me amola desta imaxe? A víctima, a inocente víctima. A persoa que sufrirá máis que o esforzado fotógrafo que tirou a instantánea, máis que o sillín que soportou a gravidade do cú presidencial, máis que o operario que pavimentou o carril bici, máis que o director de imaxe que insistiu na importancia de levar o casco posto. A real víctima deste retrato é a nena que circula en segundo plano, trala presidenta, con chaleco reflectante e mochila ás costas. Esta rapaza non tiña que aparecer ahí, empregada como reclamo publicitario, como un pouco de agua sobre unha leituga pocha. Alguén lle preguntou? Alguén chamou ós tutores legais para solicitarlles os dereitos de imaxe? Alguén levou a pertinente documentación ó Tribunal de Menores? Que máis dá! O importante é que a presidenta pode presumir de foto. E quizáis valla para ilustrar as páxinas da súa biografía. Cunha nena ó carón. Flash!


PD: Imaxe atopada en Internet sen autoría especificada.